Benvenidos ao proxecto GEM Galicia
Galicia participa desde 2005 no Proxecto internacional Global Entrepreneurship Monitor (GEM).
Esta iniciativa, xa consolidada a nivel internacional, constitúe unha potente ferramenta de análise comparada da actividade emprendedora en numerosos países, tendo en conta o contexto social, político e cultural.
A metodoloxía empregada en cada un dos estudos permite dispoñer de ampla información sobre a dinámica emprendedora, o comportamento e o perfil emprendedor, ou a motivación, a capacidade e existencia de oportunidades de emprendemento.
Cada un dos informes publicados, exempos visibles dos resultados da investigación realizada, xunto cos informes publicados ao longo dos últimos seis anos, configuran o Proxecto GEM como un observatorio da actividade emprendedora de Galicia, referente para todos aqueles que estudan e traballan no emprendemento.





