Xornada de presentación do Informe GEM 2018 cos últimos resultados sobre a actividade emprendedora en Galicia.

O estudio, desenvolvido polo Grupo GEM Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE), será presentado o vindeiro martes 26 de novembro no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).

A xornada comezará ás 10.00 horas cunha sesión inaugural que contará coa participación do decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela Xoan Ramón Doldán, Juan Cividanes, director do IGAPE, Luciano Covelo, presidente de FEGAXE e Loreto Fernández, directora do equipo GEM Galicia.

Posteriormente, a directora técnica do equipo GEM en Galicia, Isabel Neira, presentará os resultados recollidos no Informe Executivo de 2018 antes de dar paso a unha mesa redonda na que se analizará a evolución e impacto do emprendemento creativo e cultural na sociedade e na que participarán Carlos Hidalgo, de Numax, Soc Cooperativa, Sol Álvarez (Casa Nicanor) e Clara Rodríguez, de 7H cooperativa cultural,

Os interesados en asistir á xornada deberán inscribirse na seguinte ligazón

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Deja un comentario