Xornada emprendemento universitario

Xoves 29 de abril de 2021

A xornada de emprendemento universitario tivo lugar o xoves 29 de abril.

¡Se non puideches asistir deixamos o vídeo completo aquí!

O día 29 de abril de 18:00 a 19:00 tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC unha xornada presentada por GEM Galicia en colaboración de StartUp Galicia. Esta trata sobre as oportunidades emprendedoras que teñen os estudiantes ao acabar seus graos ou posgraos.

Ler máis

Informe GEM Galicia 2019-20: pasado recente e futuro inmediato do emprendemento galego

O grupo de investigación GEM Galicia presentou dentro do Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento o Informe GEM Galicia 2019-20.

Un documento de gran valor, xa que retrata a situación do emprendemento galego antes da irrupción da covid-19 ao tempo que permite trazar -en base a datos históricos e á análise doutros recentes- as liñas do futuro inmediato.

Sen dúbida, o gran titular do 2019 son as mulleres e o rural, protagonistas indiscutibles da actividade emprendedora en Galicia. Elas, cun claro pulo no que respecta á posta en marcha de proxectos empresariais cun certo percorrido, e a contorna fóra das cidades como espazo de oportunidades.

No que respecta ao 2020, o que parece claro é que a crise da covid-19 impactará de distinta maneira en todas as fases do proceso emprendedor. Como dato, en abril tan só o 4% dos futuros emprendedores abandonaran os seus plans de emprender mentres que un 35%  paralizáraos. Fronte a eles, un 45%  sinalaba que mudaría o modelo de negocio previsto para continuar coa súa intención emprendedora.

Desta análise fixéronse eco varios medios. Aquí tes a referencia do Xornal da USC e estoutra no Correo Gallego.

 

ACCEDE AQUÍ AO DOCUMENTO ÍNTEGRO DO “INFORME GEM GALICIA 2019-20” 

Informe GEM España 2019-20: o emprendemento antes da Covid-19

A través da plataforma Zoom e en directo por Facebook: así presentouse nesta ocasión o Informe GEM. Un traballo desenvolvido por máis de 180 investigadores de toda España con datos obtidos a partir de 23.100 enquisas e entrevistas a expertos que permite ver e analizar o estado do emprendemento no exercicio 2019-20. Antes, por tanto, da irrupción da Covid-19.

Nesta etapa “pre-pandemia” seis de cada cen personas crearan unha empresa, avanzando ademais na erradicación da fenda de xénero no emprendemento: neste período contabilizouse unha emprendedora por cada emprendedor, achegándose, por tanto, a unha situación de paridade.

Queres saber máis sobre a situación do emprendemento en España?

 

DESCARGA AQUÍ O INFORME GEM 2019-20

Novo Informe GEM: a situación do emprendemento en Galicia diante da crise da Covid-19

A rede GEM España vén de publicar Situación del emprendimiento en España ante la crisis del COVID-19, un novo informe (ao que podes acceder dende aquí) elaborado coas achegas de emprendedores e emprendedoras que colaboraron neste traballo, trasladando a súa experiencia durante o estado de alarma

O informe ofrece unha panorámica xeral que completamos dende GEM Galicia cun informe centrado nos datos aportados pola comunidade emprendedora galega. Coa súa colaboración, sabemos que o 10% das persoas que participaron neste estudo mantiveron a súa actividade de maneira presencial, mentres que un 51% orientou a súa actividade cara o teletraballo fronte ao 39% que tivo que pechar de maneira temporal.

O informe ofrece tamén datos desglosados sobre as medidas adoptadas polos emprendedores galegos ante o impacto da situación, expectativas de futuro e posibles solucións para afrontar os vindeiros meses.

 

TES ACCESO AQUÍ AO INFORME COMPLETO “A SITUACIÓN DO EMPREDEMENTO EN GALICIA ANTE A CRISE DA COVID-19”

Aberto o prazo de presentación de propostas para o Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Empredemento GEM-CEE

Do 1 de maio ao 26 de xuño as persoas que o desexen poden presentar os seus traballos para o Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Empredemento GEM-CEE. Un evento impulsado por GEM Galicia, e polo equipo portugués de CEE 2020, que nace da sinerxía entre dúas propostas de investigación:

 

  • Investigación en emprendemento: A Red GEM España celebra a súa décimo cuarta edición do workshop de investigación baseado en GEM, ao tempo que a Sección de Función Empresarial e Creación de Empresas de ACEDE o seu noveno workshop. Dado que ambas entidades celebraron de maneira conxunta as catro últimas edicións desta xornada de traballo, Santiago acolle o V Workshop Internacional de Investigación en Emprendimiento GEM- ACEDE.

 

  • Educación en emprendemento: Celébrase ao mesmo tempo a VI Conferencia sobre Educación para Emprender CEE’2020. Unha iniciativa que comeza no 2015 da man do Instituto Pedro Nunes de Coimbra para recoller experiencias e prácticas no ámbito da educación para o emprendemento. Tralas últimas edicións de Aveiro e Porto, celébrase por primeira vez en España, procurando a máxima interacción entre as participantes para favorecer a xeración cruzada de ideas e experiencias entre docentes e investigadores dos dous países.

 

A través da plataforma habilitada para o Call for Papers do Encontro (á que se pode acceder desde aquí) quen o desexe pode presentar a súa proposta seguindo as instrucións, en canto a estrutura e presentación dos resumos, que constan detalladas na web.

O Encontro Ibérico celebrarase na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela do 24 ao 26 de setembro, nun contexto marcado pola incerteza xeral e no que a iniciativa emprendedora adquire, de novo, especial importancia.

O gran reto, en todos os ámbitos da economía, é ser quen de concretar pautas de actuación e, neste sentido, os avances en estudos relativos á iniciativa emprendedora, tanto no eido da investigación como no docente, son especialmente importantes.

O encontro internacional que se celebrará na USC estará centrado no proceso emprendedor e contará coa participación de investigadores e docentes de España e Portugal: unha ocasión única para que a nosa comunidade científica poida presentar e debater de maneira conxunta medidas, accións e propostas para axudar ao ecosistema emprendedor.

 

Lembra…

 

Para resolver calquera dúbida relacionada tanto co proceso de Call for Papers como co Encontro en xeral podes dirixirte á organización a través de secretaria@encuentrogemcee2020.org

 

ACCEDE AQUÍ Á WEB DO ENCONTRO

Vindeiros eventos sobre emprendemento

XIII WORKSHOP DE INVESTIGACIÓN BASADA EN GEM (Pamplona, 6 de setembro de 2019)

A Universidade de Navarra invita a docentes e investigadores da comunidade universitaria a participar no VIII Workshop da Sección de Función Empresarial e Creación de Empresas de ACEDE e no XIII Workshop de Investigación baseado en GEM, que se celebrará o día 6 de setembro de 2019 en Pamplona. O lema elixido este ano é “Ecosistemas emprendedores: logros y retos”.

Call for abstracts: ata o 17 de xuño. Máis información

 

V Conferencia sobre Educación para Emprender – CEE’2019 (Porto, 13 setembro de 2019)

Esta Conferencia ten como obxectivo difundir experiencias e prácticas no eido da educación para emprender, proporcionando unha visión global sobre o tema. Por vez primeira comtémplase, á vez que presencialmente, a participación en remoto.

Call for abstracts: ata o 1 de xullo. Máis información

 

 

CIEM 2019 – 9.ª Conferência Ibérica de Empreendedorismo (Porto, 14-15 de Noviembre de 2019) 

A 9ª Conferencia Ibérica sobre o Espírito Empresarial – CIEM 2019 dá continuidade aos vencellos de intercambio entre os universos científicos e empresariais co propósito de compartir coñecementos, capacidades e experiencias e contribuíndo ao crecemento da economia baixo o tema: “Emprender e Internacionalizar”

Call for abstracts: ata o 15 de xuño. Máis información