Previous
Next

GEM Galicia é unha organización cuxo objectivo é o estudo do emprendemento e a realización de informes anuais. Nosa motivación é apoiar e impulsar o emprendemento, así como aportar o máximo posible á comunidade de investigadores científicos.
Co apoio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia, o equipo GEM ten a súa sede na Universidade de Santiago de Compostela, contando con investigadores das tres universidades galegas, que forman parte do Observatorio de Emprendimiento de España (Red GEM Spain) e do consorcio GEM Global.
Unha metodoloxía única e contrastada
GEM utiliza unha metodología desenvolvida por Babson College (Estados Unidos) e London Business School (Reino Unido) e utilizada por máis de sesenta e nove países arredor de todo o mundo. Esto convérteo no estudo lonxitudinal sobre emprendemento máis importante do mundo.
Un proxecto internacional
GEM recopila e analiza datos nun enfoque armonizado para medir a actividade emprendedora. Esto é esencial para realizar comparacións de carácter nacional -entre comunidades autónomas- e de carácter internacional –entre países-.
Impacto GEM
GEM aporta información sobre as iniciativas emprendedoras dende súa posta en marcha ata súa evolución como iniciativas consolidadas. Isto confierelle un alto valor académico, político e social.
Organización internacional
O noso equipo conta con 16 membros especializados, e unha serie de colaboradores, que conxuntamente logran uns resultados independentes de máxima calidade.
Non obstante, formamos parte dunha comunidade multinivel, GEM (Global Entrepreneurship Monitor), e á súa vez de GEM España, a división nacional. A colaboración deste proxecto dende 1999 convírtenos na principal organización sobre emprendemento do mundo, con datos de 115 economías en todo o mundo e máis de 200.000 entrevistas anuais.
