Proxecto GEM

GEM é un observatorio internacional cuxo objetivo é analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico, como factor determinante para o desenvolvemento e benestar das sociedades nas que ten lugar.

Os resultados da investigación GEM facilitan o coñecemento das novas empresas e proporcionan información para o seu estudo, permitindo:

  • Establecer comparacións sobre o nivel e as características da actividade emprendedora entre as diferentes economías rexionais ou nacionais.
  • Determinar o modo no que a actividade emprendedora inflúe no crecemento económico das economías rexionais.
  • Identificar os factores que favorecen e/ou dificultan a actividade emprendedora.
  • Orientar a quien ten capacidade de decisión para propor políticas eficaces e específicas destinadas a estimular a iniciativa empresarial.

Os inicios do Proxecto GEM

O primeiro Informe GEM, que só se refería a dez economías nacionais desenvolvidas, levouse a cabo no ano 1999, da man da London Business School (Reino Unido) e o Babson College (Estados Unidos). Na súa edición de 2015, GEM mediu a actividade emprendedora en sesenta e nove países, o que lle mereceu o recoñecemento como o estudio lonxitudinal sobre o emprendemento máis importante do mundo.

Entrada de España e Galicia no Proxecto GEM

España integrouse no proxecto no ano 2000, co equipo nacional do IE Business School. A partir do ano 2003, o proxecto comezou a crecer coa incorporación da práctica totalidade de comunidades e cidades autónomas, que levan a cabo estudios rexionais independentes de carácter anual. En 2011, o proxecto iniciou unha etapa de transición, coa Fundación Xavier de Salas como entidade interlocutora dos equipos rexionais ante a Global Entrepreneurship Research Association (GERA). Desde o ano 2012, o Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) lidera o proxecto en España.

Galicia sumouse á iniciativa co Informe GEM Galicia 2005. As 12 edicións consecutivas publicadas ata hoxe son un exemplo de colaboración entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), que dá continuidade a BIC Galicia, e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). O ano 2015 supuxo un cambio na dirección do equipo, que pasa á USC e a incorporación da Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE), que substitúe á CEG na vertente empresarial. Ademais, é preciso destacar neste esforzo conxunto o importante apoio que ven proporcionando a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia.

Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail