GEM Global

O proxecto GEM foi posto en marcha en 1999 pola London Business School (Reino Unido) e o Babson College (Estados Unidos), analizando aquel ano dez países.

Desde entón foise estendendo internacionalmente, configurando un consorcio en rede de equipos nacionais, asociados principalmente ás mellores institucións académicas. O consorcio converteuse na fonte máis rica de información fiable sobre o estado do emprendemento e os ecosistemas empresariais en todo o mundo, publicando non só o Informe Global GEM anualmente, senón tamén unha serie de informes nacionais e sobre temas especiais cada ano.

Ao longo dos anos, uns 115 países de todos os recunchos do mundo participaron na investigación de GEM. Como resultado, GEM foi máis aló dun proxecto para converterse na organización altamente interconectada que é hoxe.  O informe GEM consolidouse como o maior estudo en curso sobre a dinámica empresarial no mundo e principal referencia é o estudo do fenómeno emprendedor.

Consorcio GEM: www.gemconsortium.org
Facebooktwitterlinkedininstagram