GEM Galicia

Galicia sumouse á iniciativa na edición 2005. O equipo galego constituíuse como mostra da colaboración entre o mundo académico, a administración pública e o sector empresarial, xa que o proxecto nace froito dun convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC), responsable da elaboración do estudo, a Xunta de Galicia a través do Instituto  Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia, que lideraba o equipo.

Esta relación mantense ata 2015, momento en que a dirección do equipo pasa á USC. Neste ano, ademais, o equipo ábrese a investigadores das universidades de Vigo e Coruña. Actualmente fórmano 14 investigadores e é froito da continua colaboración entre IGAPE e USC.

O observatorio GEM Galicia converteuse en algo máis que un informe anual. Cada ano organiza cursos, seminarios, conferencias e debates sobre a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega.  Asi mesmo, o equipo  GEM está presente en numerosos eventos académicos, presenta estudos específicos, e leva a cabo publicacións especializadas e divulgativas co obxectivo de visibilizar o ecosistema emprendedor de Galicia. É preciso destacar que outras entidades tamén apoian o proxecto GEM desde distintas posicións, en particular, a Secretaría  Xeral de Universidades da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, dado o interese por avaliar o peso da educación universitaria no nivel emprendedor de Galicia.

Facebooktwitterlinkedininstagram