Qué é o proxecto GEM?

O Global Entrepreneurship Monitor (GEM) é un observatorio internacional cuxo obxectivo é analizar e avaliar o impacto da actividade emprendedora no crecemento económico, como factor determinante para o desenvolvemento e benestar das sociedades nas que ten lugar.

Os resultados da investigación GEM facilitan o coñecemento das novas empresas e proporcionan información para o seu estudo, permitindo:

  • Establecer comparacións sobre o nivel e as características da actividade emprendedora entre as diferentes economías rexionais ou nacionais.
  • Determinar o modo no que a actividade emprendedora inflúe no crecemento económico das economías rexionais.
  • Identificar os factores que favorecen e/ou dificultan a actividade emprendedora.
  • Orientar a quen ten capacidade de decisión para propoñer políticas eficaces e específicas destinadas a estimular a iniciativa empresarial.

O elemento chave que lle caracteriza e diferenza doutras fontes de información sobre o fenómeno emprendedor é a utilización dunha metodoloxía de investigación propia e común en todos os países e rexións participantes, o que lle permite proporcionar información comparable entre territorios. Esta metodoloxía inclúe dúas fontes de información primarias que recollen datos a través de senllas ferramentas propias: a enquisa á poboación adulta (Adult  Population  Survey – APS-) e a enquisa a expertos do ecosistema emprendedor (National  Expert  Survey – NES-), que se complementan polas fontes xa existentes sobre indicadores socioeconómicos.

Facebooktwitterlinkedininstagram