Outros proxectos

Ademais de elaborar os informes GEM Galicia, o grupo tamén participa noutros proxectos relacionados co emprendemento. A continuación recóllense algunhas destas iniciativas. 

 

GUESSS España é un proxecto do Observatorio do Emprendemento de España, unha asociación sen ánimo de lucro que conta coa colaboración dunha ampla rede de investigadores e responsables das unidades de emprendemento da práctica totalidade das universidades españolas. 

O seu obxectivo é ofrecer unha perspectiva innovadora do fenómeno emprendedor entre o estudantado universitario, tanto nos seus aspectos académicos como nas súas aplicacións prácticas. VISITA A WEB

 

O Laboratorio de innovación e economía social de Galicia (LIES_GA) nace co propósito de construír e consolidar un punto de encontro e referencia para as actividades de economía social e innovación social no ámbito universitario galego a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor entre os mozos universitarios, así como a creación e consolidación de emprego. 

O proxecto, ademais de estar destinado a persoas da comunidade universitaria (alumnado, profesorado e persoal de servizos xerais) da comunidade galega, diríxese tamén a entidades de economía social e innovación social, e á sociedade en xeral. VISITA A WEB

O Accounting and Finance for Entrepeneurship Monitor (AFFE) é un observatorio para estudar, sensibilizar e fomentar o desenvolvemento dunha axeitada xestión financeira, contable e de control e xestión de emprendedores e pequenos empresarios.

A súa importancia recae nas múltiples evidencias de que unha das causas fundamentais do fracaso empresarial de proxectos emprendedores e pequenas empresas é a deficiente xestión económico-financieira. A eduación financieira no emprendedor tamén é unha ferramenta para mellorar determinadas capacidades organizativas que facilitan a sostenibilidade da empresa no longo prazo.VISITA A WEB

O Encontro Internacional de Mozos Emprendedores (EIJE) é un proxecto colaborativo no que participan distintas institucións académicas dos territorios da «Raia», tanto de España como de Portugal. Celébrase anualmente 
desde o 2014. 

O seu principal obxectivo é contribuír á formación do alumnado participante, permitindo que adquiran e desenvolvan competencias e coñecementos relacionados co mundo do emprendemento. 

Este ano o EIJE celebrarase en Santiago de Compostela, os días 11 e 12 de abril de 2024. Próximamente terás aquí a ligazón con toda a información para participar.
Facebooktwitterlinkedininstagram