Prensa

2023

GEM Galicia participa nun estudo para profundizar no espírito emprendedor universitario. O proxecto GUESSS. (nov-2023)

GEM Galicia súmase un ano máis ao proxecto GUESSS, un estudo que pretende ofrecer indicadores para coñecer e impulsar o espírito emprededor entre universitarios.

Na recollida dos resultados a través dunha enquisa (cubrir aquí) participan en España 70 institucións académicas. Unha vez remata a campaña de recollida de datos (22 de decembro), analizan os datos, sacan o informe GUESSS e presentan recomendacións prácticas para as autoridades educativas, estudiantado e profesorado.

2023

Informe GEM Galicia 2022-2023 en prensa. Varios medios (nov-2023)

O luns 13 de novembro de 2023 na sede da Confederación de Empresarios de Galicia en Santiago de Compostela acolleuse a presentación do Informe Ejecutivo GEM Galicia 2022-2023 que fai un seguimento da actividade emprendedora na nosa comunidade autónoma. Este foi realizado polo equipo GEM da USC co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia,

É a décimo séptima edición que se realiza. Dito informe foi utilizado por diferentes medios de comunicación seguidamente recollidos.

2022

Informe GEM Galicia 2021-2022 en prensa. Varios medios (nov-2022)

O luns 7 de novembro de 2022 o Centro Social ABANCA de Santiago de Compostela acolleu a presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2021-2022 que fai un seguimento da actividade emprendedora na nosa comunidade autónoma. Este foi realizado polo equipo GEM da USC co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia,

É a décimo sexta edición que se realiza. Dito informe foi utilizado por diferentes medios de comunicación seguidamente recollidos.

2022

Informe GIRA Mujeres. Emprendemento de mulleres en España. Análise con datos GEM 2020.

O informe presentouse o martes 25 de xaneiro de 2022 no Auditorio Centro Obra Social ABANCA, en Santiago de Compostela. Na xornada participou a directora técnica de GEM Galicia e do Observatorio del Emprendimiento GEM España, Isabel Neira, e a xefa de Comunicación da área Noroeste de Coca-Cola Europacific Partners Iberia, María Sande.

Os siguientes medios fixéronse eco do estudo:

2021

Informe GEM Galicia 2020-2021 en prensa. Varios medios (nov-2021)

O venres 19 de novembro de 2021 a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Universitario de Lugo acolleu a presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2020-2021 que fai un seguimento da actividade emprendedora na nosa comunidade autónoma. Este foi realizado polo equipo GEM da USC co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

É o décimo quinto ano consecutivo que se realiza. Devandito informe foi utilizado por diferentes medios de prensa seguidamente recollidos.

2020

Informe GEM Galicia 2019-2020 en prensa. Varios medios (mar-2021)

O venres 25 de setembro de 2020 presentouse na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC o Informe Executivo GEM Galicia 2019-2020. Este foi realizado polo equipo GEM en cuestión co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (AJE).

É a décimo cuarta edición, que por motivo da crise sanitaria engloba dous anos (2019 e 2020). Dito informe foi utilizado por diferentes medios de prensa seguidamente recollidos.

2019

Informe GEM Galicia 2019 en prensa. Varios medios (nov-2019)

O martes 26 de novembro de 2019 presentouse no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), o Informe Executivo Galicia 2018 do Global Entrepreneurship Monitor, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio económico do Instituto Galego de Promoción Económica -IGAPE- e a Federación Galega de Xoves Empresarios.

O informe presentado analiza, por decimoterceiro ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o ano 2018, segundo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2018

Informe GEM Galicia 2017 en prensa. Varios medios (dic-2018)

O xoves 13 de decembro de 2018 presentouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, o Informe Executivo Galicia 2017 do Global Entrepreneurship Monitor. Un estudio liderado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoyo económico do Instituto Galego de Promoción Económica -IGAPE- e a Federación Galega de Xoves Empresarios.

O informe presentado analiza, por duodécimo ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2016, segundo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2017

Informe GEM Galicia 2016 en prensa. Varios medios (dic-2017)

O luns 8 de decembro de 2017, tivo lugar no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2016, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio económico do Instituto Galego de Promoción Económica -IGAPE- e a Federación Galega de Xoves Empresarios.

O informe presentado analiza, por undécimo ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2016, segundo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2016

Informe GEM Galicia 2015 en prensa. Varios medios (dic-2016)

O venres 2 de decembro de 2016, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2015, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), BIC Galicia – IGAPE e a Rede de Investigación en Emprendemento Rexional da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por décimo ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2015, segundo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2012

Informe GEM Galicia 2011 en prensa. Varios medios (dic-2012)

O martes 18 de decembro de 2012, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2011, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), BIC Galicia – IGAPE e a Rede de Investigación en Emprendemento Rexional da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por sétimo ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2011, segundo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2011

Informe GEM Galicia 2010 en prensa. Varios medios (dic-2011)

O 30 de novembro de 2011, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2010, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), C.E.E.I. Galicia (BIC Galicia) e a Rede de Investigación en Emprendemiento Rexional da Universidade de Santiago de Compostela.

Galicia emprende con forza (mar-2011)

As iniciativas empresariais galegas son das máis resistentes de España e da UE.

Informe GEM Galicia 2009 en prensa. Varios medios (mar-2011)

O luns 21 de febreiro de 2011, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2009, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), C.E.E.I. Galicia (BIC Galicia) e o grupo de investigación “Métodos e Xestión de Empresas” da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por quinto ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2009, seguindo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2009

Informe GEM Galicia 2008 en prensa. Varios medios (oct-2009)

O martes 6 de outubro de 2011, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2008, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), C.E.E.I. Galicia (BIC Galicia) e o grupo de investigación "Métodos e Xestión de Empresas" da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por cuarto ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2008, seguindo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2008

Informe GEM Galicia 2007 en prensa. Varios medios (jul-2008)

O mércores 16 de xullo de 2008, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2007, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), C.E.E.I. Galicia (BIC Galicia) e o grupo de investigación "Métodos e Xestión de Empresas" da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por terceiro ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2007, seguindo a metodoloxía do Proxecto GEM.

2007

Apuntes para emprendedores, lunes 23 decembro 2007

Nesta segunda edición do Informe GEM elaborado en Galicia, extráense conclusións positivas, que permiten ser moderadamente optimistas para o futuro do emprendemento en Galicia.

Los gallegos se lanzan a los negocios, domingo 16 diciembre de 2007

La actividad emprendedora en Galicia continúa creciendo, según constata el informe GEM.

Informe GEM Galicia 2006. Varios medios (dic-2007)

O martes 4 de decembro de 2007, tivo lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, a presentación do Global Entrepreneurship Monitor. Informe Executivo Galicia 2006, elaborado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), C.E.E.I. Galicia (BIC Galicia) e o grupo de investigación "Métodos e Xestión de Empresas" da Universidade de Santiago de Compostela.

O informe presentado analiza, por segundo ano consecutivo, o eido da creación de empresas en Galicia durante o 2006, seguindo a metodoloxía do Proxecto GEM.

Facebooktwitterlinkedininstagram