Unha iniciativa que analiza o estado do emprendemento en Galicia



Unha metodoloxía única e contrastada
GEM emprega unha metodoloxía desenvolvida por Babson College (Estados Unidos) e London Business School (Reino Unido) e empregada por máis de sesenta e nove países arredor de todo o mundo. Isto convírteo no estudio lonxitudinal sobre emprendemento máis importante do mundo.
Un proxecto internacional
GEM recopila e analiza datos nun enfoque armonizado para medir a actividade emprendedora. Isto é esencial para realizar comparacións de carácter nacional -entre comunidades autónomas- e de carácter internacional –entre países-.
Impacto GEM
GEM aporta información sobre as iniciativas emprendedoras desde a súa posta en marcha ata a súa evolución como iniciativas consolidadas. Isto confírelle un alto valor académico, político e social.
Constrúe gráficos personalizados
Combina as diversas variables que se aplican nos estudios GEM e crea gráficos que che permitan comparar os datos por rexións.