Entrevistas

Entrevistas ao Ecosistema Emprendedor de Galicia
GEM Galicia apoia ao emprendemento dando visibilidade a diferentes membros do ecosistema galego.

Logo entrevistas

O desenvolvemento da actividade emprendedora nun territorio require da coordinación e boa articulación de varios actores. É o que se denomina Ecosistema Emprendedor: un conxunto de elementos individuais que apropiadamente combinados e apoiados conforman unha contorna óptima para a innovación (Daniel Isenberg, “How to Start an Entrepreneurial Revolution? 2010).

De acordo co Babson Entrepreneurship Ecosystem Project, os compoñentes dun ecosistema son: 1. Política (goberno e liderado), 2. Finanzas (capital financeiro), 3. Cultura (normas sociais e casos de éxito), 4. Soporte (infraestrutura, apoio profesional e Instituciones non gubernamentais), 5. Capital Humano (institucións educativas e man de obra), e 6. Mercado (primeiros clientes e redes).

Nesta sección queremos recoller as opinións dos principais axentes do Ecosistema Emprendedor Galego, profesionais e expertos dos distintos ámbitos, sobre o panorama actual e futuro do emprendemento en Galicia. Queremos agradecer infinitamente a súa colaboración nesta sección, así como na enquisa NES, que nos permite analizar no noso informe anual, as condicións da contorna para emprender, ofrecendo recomendacións para a mellora e o crecemento da actividade emprendedora en Galicia.

Consulta as entrevistas a:

Facebooktwitterlinkedininstagram