Santiago acolle a presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2021-2022

O vindeiro luns 7 de novembro o equipo GEM Galicia presentará o Informe Executivo GEM Galicia 2021-2022 nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Universidade de Santiago de Compostela.

O encontro celebrarase no Centro Social ABANCA de Santiago de Compostela e dará comezo ás 10:00 horas co acto inaugural da man de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC); e María Jesús Lorenzana Somoza, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Pola súa banda, Loreto Fernández Fernández, directora do equipo GEM Galicia, e Isabel Neira Gómez, directora técnica do informe GEM Galicia, presentarán os resultados do Informe Executivo GEM Galicia 2021-2022.

A xornada tamén acollerá a mesa redonda ‘Experiencias e situación da iniciativa emprendedora en Galicia’ que moderará Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego e a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

Data: lunes 7 de novembro

Horario: 10:00 a 13:15 horas

Lugar: Sede do Centro Social ABANCA (Praza de Cervantes, s/n – Santiago de Compostela)

Modalidad: Mixta – presencial ou a través da seguinte ligazón

Inscrición: a través da seguinte ligazón

Facebooktwitterlinkedininstagram