A presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2022-2023 será o vindeiro luns 13 de Novembro

O vindeiro luns 13 de novembro o equipo GEM Galicia presentará o Informe Executivo GEM Galicia 2022-2023 nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela.

O encontro celebrarase na sede de la Confederación de Empresarios de Galicia e dará comezo ás 10:00 horas co acto inaugural da man de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC); e Elena Rivo López, conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Pola sua parte, Loreto Fernández Fernández, directora do equipo GEM Galicia, e Isabel Neira Gómez, directora técnica do informe GEM Galicia, presentarán os resultados do Informe Executivo GEM Galicia 2022-2023.

A xornada tamén acollerá a mesa redonda ‘Economía Social’ que moderará María Bastida Domínguez, Profesora de Organización de Empresas e Comercialización na USC acompañada de Herminio Martínez Lago, Xerente de Artegalia Economía Social SL e Presidente de CEGASAL; Juan Acevedo Vidal, Asesor Xurídico da Asociación Empresarial Gallega de Centros Especiales sen Ánimo de Lucro (CEGASAL); e Farrah Lisa Meghazi, Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia.

Data: luns13 de novembro

Horario: 10:00 a 13:15 horas

Lugar: Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (Rúa do Vilar 54, Santiago de Compostela)

Modalidade: Presencial ou telemática a través do siguinte enlace

Inscripción: a través do siguiente enlace

Facebooktwitterlinkedininstagram