GEM Galicia participa eun estudio para profundizar no espírito emprendedor universitario. O proxecto GESSS.

GEM Galicia colabora un ano más co proxecto GUESSS (Global University Entrepreneurial Spirit Student´s Survey), unha sondaxe co que pretende ofrecer indicadores para coñecer e impulsar o espírito emprendedor universitario.

Ler máis

A presentación do Informe Executivo GEM Galicia 2022-2023 será o vindeiro luns 13 de Novembro

O vindeiro luns 13 de novembro o equipo GEM Galicia presentará o Informe Executivo GEM Galicia 2022-2023 nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela.

Ler máis

Xornada emprendemento universitario

Xoves 29 de abril de 2021

A xornada de emprendemento universitario tivo lugar o xoves 29 de abril.

¡Se non puideches asistir deixamos o vídeo completo aquí!

O día 29 de abril de 18:00 a 19:00 tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC unha xornada presentada por GEM Galicia en colaboración de StartUp Galicia. Esta trata sobre as oportunidades emprendedoras que teñen os estudiantes ao acabar seus graos ou posgraos.

Ler máis

Vindeiros eventos sobre emprendemento

XIII WORKSHOP DE INVESTIGACIÓN BASADA EN GEM (Pamplona, 6 de setembro de 2019)

A Universidade de Navarra invita a docentes e investigadores da comunidade universitaria a participar no VIII Workshop da Sección de Función Empresarial e Creación de Empresas de ACEDE e no XIII Workshop de Investigación baseado en GEM, que se celebrará o día 6 de setembro de 2019 en Pamplona. O lema elixido este ano é “Ecosistemas emprendedores: logros y retos”.

Call for abstracts: ata o 17 de xuño. Máis información

 

V Conferencia sobre Educación para Emprender – CEE’2019 (Porto, 13 setembro de 2019)

Esta Conferencia ten como obxectivo difundir experiencias e prácticas no eido da educación para emprender, proporcionando unha visión global sobre o tema. Por vez primeira comtémplase, á vez que presencialmente, a participación en remoto.

Call for abstracts: ata o 1 de xullo. Máis información

 

 

CIEM 2019 – 9.ª Conferência Ibérica de Empreendedorismo (Porto, 14-15 de Noviembre de 2019) 

A 9ª Conferencia Ibérica sobre o Espírito Empresarial – CIEM 2019 dá continuidade aos vencellos de intercambio entre os universos científicos e empresariais co propósito de compartir coñecementos, capacidades e experiencias e contribuíndo ao crecemento da economia baixo o tema: “Emprender e Internacionalizar”

Call for abstracts: ata o 15 de xuño. Máis información