A actividade emprendedora feminina continua a súa tendencia á alza, acadando o segundo maior valor para toda a serie 2005-2018 e superando á media española, de acordo aos datos analizados no Informe GEM Galicia 2018, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
Novidades GEM
Xornada de presentación do Informe GEM 2018 cos últimos resultados sobre a actividade emprendedora en Galicia.
O estudio, desenvolvido polo Grupo GEM Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE), será presentado o vindeiro martes 26 de novembro no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA).
Vindeiros eventos sobre emprendemento
XIII WORKSHOP DE INVESTIGACIÓN BASADA EN GEM (Pamplona, 6 de setembro de 2019)
A Universidade de Navarra invita a docentes e investigadores da comunidade universitaria a participar no VIII Workshop da Sección de Función Empresarial e Creación de Empresas de ACEDE e no XIII Workshop de Investigación baseado en GEM, que se celebrará o día 6 de setembro de 2019 en Pamplona. O lema elixido este ano é “Ecosistemas emprendedores: logros y retos”.
Call for abstracts: ata o 17 de xuño. Máis información
V Conferencia sobre Educación para Emprender – CEE’2019 (Porto, 13 setembro de 2019)
Esta Conferencia ten como obxectivo difundir experiencias e prácticas no eido da educación para emprender, proporcionando unha visión global sobre o tema. Por vez primeira comtémplase, á vez que presencialmente, a participación en remoto.
Call for abstracts: ata o 1 de xullo. Máis información
CIEM 2019 – 9.ª Conferência Ibérica de Empreendedorismo (Porto, 14-15 de Noviembre de 2019)
A 9ª Conferencia Ibérica sobre o Espírito Empresarial – CIEM 2019 dá continuidade aos vencellos de intercambio entre os universos científicos e empresariais co propósito de compartir coñecementos, capacidades e experiencias e contribuíndo ao crecemento da economia baixo o tema: “Emprender e Internacionalizar”
Call for abstracts: ata o 15 de xuño. Máis información
Informe Executivo GEM Galicia 2017: O 5% da poboación adulta en Galicia implicouse en actividades emprendedoras
A percepción de oportunidades e as vías de financiamento continúan a ser os factores clave á hora de dar comezo a novas iniciativas de negocio.